
O Xulgado de Primeira Instancia Nº 2 de Redondela deu o seu visto e prace ao acordo impulsado por Alternativa Veciñal de Pazos de Borbén e a Comunidade de Montes de Amoedo para resolver a situación que se arrastraba desde 2009.
Agora, co acordo en vigor, o polígono gaña seguridade xurídica e dá confianza ás empresas para situarse no concello. Este acordo prevé un sistema de pago aprazado e fraccionado dos máis de 500.000 euros que lle reclama o Concello á Comunidade de Montes para compensar os investimentos municipais realizadas sen consentimento en terreo comunal.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-05-09 11:15:00