
Na presente semana, o concello da Coruña aprobou a licencia solicitada pola compañía Hijos de Rivera para derrubar o antigo centro comercial Comcor, no parque de A Grela, superficie adquirida pola empresa para a ampliación das súas instalacións. O derrubamento supón o primeiro paso no proceso de obra e está presupostado en preto de medio millón de euros. Ademais do antigo centro comercial, Hijos de Rivera fíxose tamén con outra parcela próxima á súa fábrica, proxectando unha ampliación total de 18 000 metros cadrados.
Fonte: El Correo Gallego
Fecha publicacion:
2020-04-30 10:30:00