
A Xunta comezou as obras de acceso ao parque empresarial de Lebozán, en Beariz, desde a estrada OU-212, nas que se invisten máis de 394.000 euros. O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, visitou a zona onde destacou que esta actuación teñen como obxectivo que o polígono industrial dispoña dun acceso cómodo e seguro desde esta vía autonómica, para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio. Os traballos son froito dun estudo onde se analizaron seis alternativas, tendo en conta a xeometría da estrada, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta está recollida no Plan Especial de Creación de Só Industrial do Concello de Beariz. Actualmente execútase unha intersección que permitirá todos os movementos, en especial dos vehículos pesados que se acheguen ao parque. A obra inclúe cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á estrada e a saída cara ao polígono en condicións de seguridade. Haberá un carril central de espera para favorecer os xiros.
Ler máis: La Voz de Galicia