Comeza o proxecto para crear un parque empresarial en Cerdedo-Cotobade

O pleno de Cerdedo-Cotobade aprobou esta semana a modificación puntual número 2 das normas subsidiarias do seu planeamento, o que supón a recualificación de 118.000 metros cadrados de superficie como solo industrial urbanizable, previo paso para a creación dun parque empresarial en Monte Mocín. O proxecto xa dispón do informe favorable da Xunta coa Avaliación Ambiental Estratéxica.

Fonte: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-11-29 11:00:00
Subir