
En apenas cinco anos, os grupos investidores asiáticos conseguiron alzar a China como primeiro no do ranking de países con máis multinacionais en Galicia, igualando en número a EE.UU. e Alemaña, e superando a Francia, país líder até hai unha década.
Nestes últimos 10 anos, as empresas chinesas deron a volta ao marcador, coa entrada de capital en Galicia por valor de máis de 124 millóns de euros, segundo os datos de Datainvex. En canto ao investimento estranxeiro en España, cífrase en 406 os millóns de euros procedentes China captados no mesmo período (2009-2019) no conxunto de España.
O volume de capital chinés inxectado en Galicia aumentará este ano cos 25 millóns de euros confirmados polo xigante Bright Food, dono da conserveira Albo, para construír unha nova planta na plataforma loxística de Salvaterra-As Neves.
Fonte.- La Voz de Galicia