
O Goberno chino aprobou o 15 de marzo unha nova lei que regula o investimento estranxeiro. Isto sucede ao tempo que aumenta a presión internacional para que facilite o acceso ao seu mercado interno.
O texto, prohibe as transferencias forzadas de tecnoloxías e garantiza a igualdade de oportunidade nos procesos de licitación pública. Esta normativa entrará en vigor en xaneiro de 2020 e prohibe explicitamente que a administración force a transferencia de tecnoloxía de empresas estranxeiras ás locais e outorga o mesmo tratos aos produtos e servizos de empresas estranxeiras e nacionais nas actividades de licitación pública.
O proceso de tramitación da lei foi unusualmente rápido para os estándares chinos, sendo aprobada en só tres meses dende que se debatese o primeiro borrador. Foi aprobada con máis do 99% do apoio dos case 3 000 delegados que forman o lexislativo chinés.
Fonte.- El País