Celebraranse unhas xornadas informativas sobre axudas e servizos no Polígono da Bértoa, Carballo

O próximo nove de abril está prevista a celebración dunha xornada informativa sobre axudas e servizos da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O evento será ás 19:30 no polígono industrial de A Bértoa, en Carballo. 

É a propia comunidade de propietarios do polígono a que organiza este evento, que permitirá a empresarios e empresarias interesadas coñecer as liñas de financiación pública ás que poden optar á hora de enfrontarse a novas inversión ou procesos de contratación de persoal, entre outras.

O propio Conselleiro e o rexedor de Carballo clausurarán o evento, que contará tamén cunha sesión 'networking' na que se resolver dúbidas.

Fecha publicacion: 
2019-03-25 12:30:00
Subir