A CEG apoia a terminal do Polígono de San Cibrao

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, comprometeu o apoio da patronal galega á estación de mercadorías ferroviarias do Polígono San Cibrao das Viñas. Así llo trasladou ao presidente dos empresarios do Polígono San Cibrao, José Antonio Rodríguez Araujo, co que mantivo o primeiro encontro institucional entre ambas as organizacións, na sede da CEG en Santiago.

Unha nota da patronal galega alude a que precisamente foi a terminal de mercadorías "o principal proxecto tratado na reunión, considerado por ambos os empresarios estratéxico para Ourense e Galicia". O presidente da CEG aludiu a que as administracións públicas "cooperen na execución deste proxecto que sen dúbida contribuirá a fortalecer o tecido empresarial e a competitividade das empresas emprazadas nesta área industrial e nas próximas, así como tamén redundará na intermodalidad".  "Ademais, esta estación reforzaría a súa conexión con potenciais mercados de toda España e do resto de Europa", engadiu o presidente da CEG.

Por outra banda, Vieites tamén considera fundamental o aproveitamento dos fondos Next Generation, vinculados á recuperación da crise do covid "para conseguir unha mobilidade sustentable, que vai en liña co plan sectorial de Ourense".

FONTE: La Región

Fecha publicacion: 
2021-03-10 12:15:00
Subir