
O presidente da Confederación coruñesa destacou o dinamismo empresarial do municipio e manifestou que ?a dotación de novo chan industrial e empresarial é unha necesidade máis que justificada á que debe darse unha resposta positiva e áxil desde as Administracións?.
Antonio Fontenla repasou as cifras económicas do municipio, entre os 25 con maior PIB de Galicia, cos servizos e a industria "que representa unha cuarta parte do seu valor engadido bruto, atribuíble principalmente á cadea mar-industria", como grandes motores para a xeración de riqueza e a creación de emprego. "Boiro conta cunha economía forte que apunta a un crecemento sostido nos próximos anos. E ese crecemento é algo que habemos de consentir tanto desde as Administracións como desde as institucións empresariais, acompañándoo co máximo apoio", subliñou.
Visita ao Polígono de Espiñeira
No marco desta xornada empresarial, na que tamén participaron representantes da Asociación Boirense de Empresarios, a delegación da CEC visitou o Polígono de Espiñeira, onde a totalidade do chan está ocupado e non poden atenderse xa solicitudes de parcelas para a instalación de novas actividades que está a recibir o Concello. "Atraer emprendedores, empresas e industrias, é algo tremendamente difícil, e ten tres condicionantes claves: a dispoñibilidade de chan con infraestruturas e servizos adecuados, a axilidade nos trámites burocráticos, e a seguridade xurídica". Para dar resposta á primeira destas necesidades, Antonio Fontenla reclamou unha solución que pase "ben pola ampliación do polígono actual, ben pola creación dun novo polígono".
En canto á axilidade nas tramitacións, o presidente da CEC confía en que a futura Lei de Áreas Empresariais de Galicia, que este xoves aprobou o Consello da Xunta, supoña un novo marco normativo que acurte os prazos para dispor de chan no que instalar novas actividades económicas.
Leer más: Economía en Galicia