Catro viveiros empresariais serán instalados en diferentes polígonos da provincia lucense

A Xunta apoia a implantación de sete viveiros industriais en diferentes polígonos para albergar a 29 compañías, que xerarán uns 40 empregos. No caso da provincia de Lugo, haberá catro viveiros, situados nos municipios de Castro de Rei, O Corgo, Portomarín e Paradela.

O director xeral de Enerxía e Minas, informou desta resolución de axudas, á que a Xunta destina 1,5 millóns de euros para a construción, reforma e equipamento de naves de viveiros industriais. En total, mobilizaranse 2,36 millóns de euros.

Tódolos beneficiarios recibirán unha axuda de, como máximo, até o 80 por cento do orzamento cun límite de 240.000 euros. O proxecto deberá realizarse antes do 31 de outubro deste ano e comprométense a convocar entre xaneiro e xuño de 2020 un proceso para seleccionar as empresas que se poderán instalar nestas infraestruturas.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-04-16 07:45:00
Subir