A Cañiza legaliza o parque empresarial de Uceira

A publicación no Diario Oficial de Galicia da aprobación definitiva do proxecto de expropiación do antigo mercado de gando da Cañiza pon fin a un dos procesos máis complexos aos que se enfrontaba o Concello. Suporá a legalización definitiva do parque empresarial de Uceira, onde xa teñen actividade varias empresas e talleres, e darlle o visto e prace a posibles vendas e alugueres unha vez teñan licenza.

O Concello tivo que iniciar a urbanización dos terreos para legalizar todo o xa construído e arrincar de novo o expediente de expropiación. O alcalde Luís Piña visitou onte as obras, que estarán acabadas nuns días.

Fonte: La Voz de Galicia

A Cañiza consigue legalizar el parque empresarial de Uceira. Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2022-11-08 12:15:00
Subir