A Cámara de Comercio de Lleida reclama maior axilidade administrativa para evitar a fuga de empresas a Aragón

O presidente da Cámara de Comercio de Lleida propuxo a implantación dunha xanela única, coa que axilizar todos os trámites administrativos que, considera, están a lastrar á provincia de Lleida na súa competencia con Aragón pola atracción de empresas. A fuga de compañías á provincia limítrofe é xa unha preocupación para as insitucións catalás, que ademais reclaman a instalación en todas as zonas urbanas de fibra óptica, como medida de retención de empresas e de poboación, pois a despoboación é outro dos seus grandes problemas actualmente.

Fonte.- Gente Digital

Fecha publicacion: 
2019-07-19 10:45:00
Subir