
O Goberno local admitiu no último pleno a necesidade de renovar integramente a rede de abastecemento do polígono de Bergondo tras rexistrarse seis inundacións no últimos tres meses. A preguntas de PP e BNG, a alcaldesa, a socialista Alejandra Pérez, admitiu que se trata dunha rede "que ten os seus anos" e que sufriu máis roturas pola presión.
A rexedora sostivo na sesión que "gran parte" destas infraestruturas xa foi reposta polos arranxos realizados nos últimos anos. "É conveniente finalizar esta reposición total", afirmou Pérez Máquez, que recoñeceu tamén a necesidade de facer unha limpeza dos colectores.
FUENTE: La Opinión
Fecha publicacion:
2020-10-06 06:30:00