Bembibre (León) aproba a urbanización da novena fase do polígono industrial

A sesión plenaria celebrada onte no Concello Bembibre retomou o expediente de cualificación de terreos industriais para o desenvolvemento da novena fase do Polígono Industrial do Bierzo Alto. Trátase dunha aprobación provisional derivada das modificacións que deberon facerse ao proxecto inicial polos cambios que rexistrou a normativa desde a súa posta en marcha no ano 2008. Un expediente que posteriormente quedou «inexplicablemente paralizado», tal e como considerou onte a alcaldesa de Bembibre, Silvia Cao.

FONTE: Diario de León

Fecha publicacion: 
2020-09-25 06:45:00
Subir