Beariz contará cunha área empresarial o ano próximo

O Concello de Beariz dispoñerá de chan empresarial no próximo ano. Así o confirmaba o alcalde, Manuel Prado, quen se refería a esta carencia que impide a instalación de empresas neste municipio. “Queremos con este proxecto favorecer ás empresas familiares, que agora non poden montar nada, á xente que queira investir en Beariz para que teña posibilidades de facelo. Ou Concello para elo pon vos medios, para que a inicitiva privada poida facelo”, explica o rexedor local.

Así, será no mes de xaneiro do próximo ano cando se publique o prego de bases que rexerá a adquisición de terreos para a instalación de empresas no novo parque empresarial de Lebozán. Será unha medida que as autoridades municipais adiantan para que xa se poidan tramitar canto antes as solicitudes e conceder as correspondentes licenzas de obras para que os promotores poidan iniciar a construción das naves.

Namentres, aínda continuarán algunhas obras públicas nese mesmo ano 2024, pero con vistas a que estean rematadas cando as empresas teñan listas as instalacións para empezar a funcionar.

Ler máis: La Región

Fecha publicacion: 
2023-11-29 11:00:00
Subir