Avanzan os trámites na Plataforma Loxística de Salvaterra - As Neves

A Autoridade Portuaria de Vigo xa dispón da tasación oficial do 60% da superficie da súa propiedade, uns 400.000 m2 que foron valorados en 24 millóns, cifra que espera obter pola venda das parcelas. Pechada esta valoración, Zona Franca xa pode completar o prego que publicitará a comercialización dos terreos, polo que comunicou aos socios que en varias semanas poderá ofertar no mercado os 200.000 m2 que está a urbanizar o organismo estatal. En paralelo, a Xunta anuncioulles o inicio o luns da construción da depuradora.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-05-29 16:45:00
Subir