
As obras da nova conexión da A-52 co parque empresarial de San Cibrao das Viñas seguen o seu curso e esta semana deron un novo e importante paso adiante, coa apertura do ramal ao tráfico, que levaba semanas pechado pola incidencia destas na vía. Así, a conexión segue a súa previsión de estar finalizada en verán, unha conexión que suporá unha redución dun 60 % do percorrido entre o parque empresarial e a autovía a Madrid, ademais de supoñer un gran avance en materia de seguridade viaria.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2020-05-28 08:45:00