A Autoridade Portuaria de Vigo ampliará o Porto de Bouzas para fixar a automoción

Mediante a extensión dun espigón en 600 metros de lonxitude e a transformación do actual dique nunha zona de atraque para buques de augas profundas (que se achegan a esloras de máis de 200 metros), a Autoridade Portuaria de Vigo pretende transformar a plataforma de Bouzas, o que permitirá fixar o porto como base da exportación e importación de vehículos.

A día de hoxe, dúas das seis plataformas de atraque que se localizan no porto atópanse inutilizadas debido ao seu pequeno tamaño e outra só está dispoñible para buques de tamaño medio. As modificación previstas permitirán manter a Bouzas como a plataforma máis eficiente de España. O prazo para realizar as obras será de case cinco anos, o primeiro ano e medio para dispoñer do proxecto e estudo de impacto ambiental e os outros tres e medio anos para levar a cabo unha primeira fase do proxecto.

Fonte.- Atlántico

Fecha publicacion: 
2019-03-30 09:45:00
Subir