
O Concello de Arteixo prevé que nos próximos dous anos se establezan novas empresas nos polígonos do Sabón e Morás, realizando investimentos por valor de 300 millóns de euros. Esta cifra tamén significará a creación de máis de 600 postos de traballo ata 2020. Segundo o Alcalde, trátanse de previsións cautelosas, pois realmente a estimación podería alcanzar valores moito máis altos, tratándose do maior investimento que se realizará en Galicia nos próximos anos.
Actualmente, os polígonos do Sabón e Morás, con máis de 3 millóns de metros cadrados de solo, aínda contan con espazo vacante. En total, máis de 250.000 metros cadrados se atopan aínda dispoñibles, así como diversas naves.
En relación con isto, estanse actualmente realizando as obras de construción dun workcentre nunha parcela actualmente valeira, o que suporá a implantación dun bo número de empresas.
Fonte.- La Voz de Galicia