Arteixo creou casi corenta empresas dende que é Concello Emprendedor

Máis dun centenar de concellos se sumaron á iniciativa “Concellos Emprendedores de Galicia” coa idea de colaborar coa Xunta na captación de novos investimentos para a comunidade e acadar así os tres principais retos da Lei de Implantación Empresarial de Galicia. 

Dos 133 municipios adheridos, unha trintena pertence ñe provincia coruñesa, entre eles Arteixo, cuxos datos revelan excelentes resultados en 2020.

Neste sentido, si se compara o número de empresas creadasno concello arteixán dende a súa incorporación á iniciativa autonómica coas cifras de constitución de compañías no mesmo período do ano anterior, as conclusións non poden ser máis positivas para Arteixo.

Porque o municipio é Concello Emprendedor de Galicia dende septembro de 2019 e, nos dez meses transcorridos dende entón, confirmóu a constitución de 39 empresas, e iso a pesar do estado de alarma derivado do Covid-19. No período anterior, é dicir, os dez meses que comprenden desne novembro de 2018 ata agosto de 2019, o número de empresas creadas en Arteixo situouse en 31.

En consecuencia, son oito compañías máis as creadas no mesmo tiempo, un incremento do 25,8% dende que é Concello Emprendedor de Galicia

FONTE: El Ideal Gallego

Fecha publicacion: 
2020-08-28 15:00:00
Subir