
O Concello de Arteixo concedeu licenza de edificación para unha nave industrial de deseño e fabricación de equipos destinados ao sector agroalimentario. A nave situarase na parcela E-03 do polígono de Morás, que será ocupada pola empresa Céltiga de Montaxes, máis coñecida como Celmosa, fincada actualmente no polígono de Espírito Santo, en Cambre. Celmosa, fundada en 1985, está especializada en instalacións mecánicas para a industria agroalimentaria, farmacéutica e conserveira. É parte do grupo Eigra, un conglomerado empresarial con presenza nos mercados europeos e mundiais de servizos alimentarios e xeración de enerxía.
Ler máis: La Opinión Coruña
Fecha publicacion:
2023-09-28 10:45:00