Arteixo aplica bonificacións para a atracción de investimento

A partir do presente ano, entran en vigor novas bonificacións fiscais no municipio de Arteixo, encamiñadas a facilitar a chegada de novas iniciativas empresariais e atraer investimento. Os impostos de Actividades Económicas, de Bens Inmobles e o de Construcións, Instalacións e Obras bonificaranse entre un 50 e un 95 por cento, segundo o imposto e o número de empregos que xere a nova actividade. O parque empresarial de Morás será un dos principais beneficiados das medidas implantadas.

Fonte: La Opinión Coruña

Fecha publicacion: 
2020-01-08 09:30:00
Subir