
O equipo de goberno do Concello de Arnoia acaba de aprobar por unanimidade a primeira modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Este é o primeiro paso para facilitar o desenvolvemento do futuro parque empresarial da zona, que pretende ser referente na comarca.
A principal modificación da PXOM afecta á estrada autonómica OU-402, a principal vía de comunicación que dá estrutura ao territorio de Arnoia que vai ser obxecto de rectificación no seu trazado por parte da Axencia Galega de Infraestruturas.
A presente PXOM de Arnoia contempla entre as súas determinacións a construción dun pequeno polígono industrial para a implantación de enclaves industriais que poidan acoller e dar servizo a actividades do municipio.
FUENTE: La Región