
O Concello de Arbo, cunha subvención de 27.687 euros da Xunta de Galicia, acometerá novas melloras no Parque Empresarial ubicado na parroquia de Barcela, de cara a colaborar no desenvolvemento económico e social do municipio e facilitar a instalación de empresas. O obxectivo que persigue o alcalde, Horacio Gil, é crear unha zona atractiva para que se instalen empresas, dinamizar a economía, potenciar a actividade económica, asentar poboación e potenciar o medio rural.
FUENTE: Atlántico Diario
Fecha publicacion:
2020-08-14 08:00:00