Aprobado un plan de interese xeral autonómico para a implantación dunha plataforma agroalimentaria en Épila (Aragón)

O consello de Goberno de Aragón aprobou definitivamente o 'Plan de Interés General Autonómico' (PIGA) para a implantación dunha plataforma agroalimentaria en Épila. Ademais de autorizar a 'Suelo y Vivienda de Aragón' para iniciar a licitación das obras na primeira fase, por un importe de máis de 22 millóns de euros.

O obxecto do PIGA é a ordenación urbanística pormenorizada dunha superficie de 242 hectáreas, que pasarán a pertencer á Corporación Alimentaria Guissona. A área de actuación do plan está dividida en dous subsectores separados pola carretera autonómica A-1305. No primeiro subsector ubicaranse as actividades directamente relacionadas coas dedicación de Guissona, ademais dalgunhas zonas verdes, viais y equipamentos. No subsector 2 o Goberno de Aragón e o Concello de Épila disporán dunha parcela, correspondente ao 10% de cesión para uso lucrativo.

Fonte.- Suelo y Vivienda de Aragón

Fecha publicacion: 
2019-03-28 18:15:00
Subir