Aprobada unha ampliación do Parque Tecnolóxico de Valadares, en Vigo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aprobou hoxe a ampliación do Parque Tecnolóxico de Valadares en 252.000 metros cadrados, a petición do Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV)

A conselleira sinalou que os metros de solo industrial aprobados en Valadares son esperados polas empresas. Con todo, considera que debe ser excepcional este tipo de planificacións á marxe do Plan Xeral polo que instou ao Concello a acelerar os traballos de elaboración do Plan Xeral.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-04-30 10:00:00
Subir