
A Comisión de Urbanismo do concello de Pontevedra tomou coñecemento da aprobación inicial por parte da Xunta de Goberno do proxecto de urbanización do polígono comercial de O Vao, e tamén da aprobación definitiva do proxecto de equidistribución.
O primeiro configura o espazo con viais, beirarrúas, prazas de estacionamento, espazos verdes, etc. mentres que o segundo parcela o terreo, cunha superficie total de 29.780 m2.
O Concello deberá agora someter o proxecto de urbanización a exposición pública durante un mes e solicitar, ao tempo, os informes sectoriais pertinentes. Grazas a autorización comercial, unha vez remate a exposición pública poderase outorgar a licenza.
O desenvolvemento deste polígono está contemplado no Plan Xeral de Pontevedra dende o ano 1989. Nestas décadas foi atravesado pola autoestrada A-6 e pola estrada de Vilagarcía situacións que derivaron nunha tramitación complexa.
Fonte.- Concello de Pontevedra