Aprobada a ampliación do parque de Xinzo de Limia

O Instituto Galego da Vivenda e Solo continúa cos trámites para a ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia, que aumentará o seu número de parcelas en 23 máis. Esta semana publicouse no Diario Oficial de Galicia a aprobación definitiva do proceso para executar o polígono número dous do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo, o que supón un avance no procedemento de expropiación forzosa dos terreos necesarios para acometer a ampliación.

Fonte: La Región

Fecha publicacion: 
2019-10-09 16:30:00
Subir