
O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, celebrou onte a noticia de que o Igape decidira ampliar o prazo para a concesión dunha serie de subvencións a varios proxectos, entre os que se atopa o centro de novas tecnoloxías que está previsto construír no polígono industrial da Sionlla, promovido pola área Empresaril do Tambre e a Cámara de Comercio, co apoio das administracións públicas.
Sionlla Biotech é a gran aposta para conseguir que o sector industrial recupere peso na cidade, xa que será un centro de tecnoloxías avanzadas, especializado en biomedicina e madeira, e espérase que a súa posta en marcha, ademais de proporcionar emprego de calidade, sirva tamén para atraer o asentamento de novas industrias, e canalizar a investigación que leva a cabo na USC.
A tramitación do proxecto espertou algúns receos, xa que o prazo orixinal no que debería estar finalizado o novo centro para recibir a subvención concedida pola Xunta finalizaba o 31 de xuño de 2022, e aínda non se iniciou a obra.
SEGUIR LENDO: El Correo Gallego