
A cuarta fase do parque empresarial Lalín 2000 segue dando novos pasos. Nesta semana o concello, tras unha reunión coa sociedade pública promotora Xestur, anunciou un redeseño do espazo empresarial que suporá unha redución dun 40 por cento do custo de urbanización. O alcalde do municipio, no mesmo momento, afirmou ter xa un miniborrador da ampliación e que a Xunta xa conta coa propiedade do 55 por cento do solo necesario, quedando pendentes de obter o restante mediante expropiación. Tanto goberno local como autonómico coinciden na necesidade de desenvolvemento do parque como polo de atracción e dinamización da economía da zona.
Fonte: Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-10-15 07:45:00