A ampliación de Castiñeiras creará 88.000 m2 de solo industrial e máis de 60.000 de zonas verdes

A ampliación do polígono industrial de Castiñeiras, en Bueu, dá un novo paso cara adiante. A principios do verán a Consellería de Medio Ambiente e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) aprobaban o plan de viabilidade presentado polos promotores da actuación e agora os donos dos terreos afrontan a seguinte etapa, que consiste en someter o plan ao trámite de avaliación ambiental. Neste documento xa se empezan a albiscar algunhas das características do desenvolvemento desta zona, como que o chan que se destinará a uso industrial será de case 90.000 metros cadrados ou que haberá máis de 60.000 metros cadrados reservados a zonas verdes, incluíndo un cinto ecolóxico que bordeará todo o polígono bueués.

A asociación que agrupa a empresarios e propietarios de terreos, Aprointer, acaba de presentar o plan ante o IGVS, que agora debe remitilo ao correspondente organismo de avaliación dentro da Consellería de Medio Ambiente. A tramitación implica que se subirá o documento á páxina web do departamento autonómico para abrir un período de consultas de dous meses. En paralelo, remítese o plan aos distintos organismos con com-petencias na zona para que emitan os seus correspondentes ditames.

FONTE: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2020-11-23 11:00:00
Subir