
A economía de Galicia creceu no cuarto trimestre do 2021 un 3,6 % con respecto ao mesmo período do ano anterior. Esta cifra, tal e como desvelou onte a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), supón un crecemento por baixo da media nacional. Os expertos do organismo elaboraron elaborou estas proxeccións mediante a Metodoloxía de Estimación Trimestral por Comunidades Autónomas do PIB (Metcap) a partir do dato avanzado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) o pasado 28 de xaneiro.
Con estes datos sobre a mesa, Baleares, Canarias, Cataluña e a Comunidade Valenciana foron as autonomías que máis creceron. Así, Baleares foi a rexión na que máis aumentou o PIB en taxa interanual no cuarto trimestre, cunha alza do 11,8 %, máis de seis puntos porcentuais por encima da do conxunto de España (que quedou no 5,2 %).
Ler máis: La Voz de Galicia