A ‘Agência para o Investimento e Comércio Externo de Portugal’ lanza a plataforma web Portugal Exporta

Esta plataforma axudará a desenvolcer novos produtos e servizos de maior valor engadido e completamente customizados, indo ao encontro das expectativas e necesidades específicas de cada empresa, tendo en conta o seu grao de madureza para a internacionalización, sector de actividade e produtos.

Suporá unha solución dixital personalizada e fácil de empregar grazas á Intelixencia Artificial. A partir da recollida dun gran volume de datos, a ‘app’ vai entregar información, servizos e oportunidades de negocio con elevado nivel de relevancia para as empresas.

Polo tanto, esta plataforma pón á disposición de usuarios e usuarias ferramentas con múltiples facilidades: matching entre empresas e mercados, importadores e socios, indicación de oportunidades de negocio, accións comerciais e de capacitación, deseño de planos de acción de internacionalización a medida, diagnósticos de madureza da empresa, suxestión de noticias, eventos e outros contidos relevantes, alertas para os prazos dos incentivos dispoñíbeis.

Fonte.- AICEP

 

Fecha publicacion: 
2019-04-16 10:15:00
Subir