
A Xunta de Galicia, a través de Xestur, acaba de adxudicar preto de 30.000 metros cadrados de chan empresarial distribuídos en 8 parcelas localizadas en 6 parques empresariais, entre eles o de Bértoa (Carballo).
En concreto, no polígono carballés adxudicouse unha parcela de 2.028 metros cadrados por un importe de 81.520 euros. O valor real do terreo era moito maior, pero Xestur aplicoulle á compradora unha bonificación do prezo do 50 %. A compañía adxudicataria dedícase á mecanización de perfís de aluminio.
O polígono de Bértoa mantén o seu liderado industrial xa non só na Costa da Morte, senón no conxunto da provincia. A estas alturas a ocupación do parque é moi elevada e quedan apenas un puñado de parcelas dispoñibles, por iso é polo que diferentes axentes sociais e empresariais reiteren a necesidade de amplialo. En outubro saíu a licitación a redacción do proxecto para a ampliación, cun orzamento próximo aos 80.000 euros e un prazo de execución de nove meses. A construción dunha circunvalación que mellore a comunicación co sur de Galicia é o outro gran reto.
Fonte: La Voz de Galicia