
O concello de Narón acadou un acordo coa entidade estatal promotora do solo no municipio, Sepes, para promocionar a venda de parcelas no parque empresarial Río do Pozo. Esta promoción, principalmente, levarase no prezo do solo e xa comezou coa intención de vender unha parcela de 1.291 metros cadrados no parque. A maiores, o concello está levando a cabo obras de acondicionamento e traballa na publicación dun portal web no que ofrecer o solo empresarial de Narón.
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-10-23 14:45:00