
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá na presentación do programa de aceleración Galicia Avanza que está chamado a ser o trampolín que precisan as pemes galegas que queren chegar ao mercado internacional desde a I+D+i e a sustentabilidade. O que distingue esta aceleradora que está a arrincar é que está pensada para pemes galegas de base tecnolóxica que teñan entre mans soluciones innovadoras para exportar a outros mercados. Deste xeito, Galicia Avanza vai apoiar a consolidación no mercado internacional de 30 empresas a través dun plan de traballo de oito meses de duración nos que as participantes poderán acceder a servizos de asesoramento e formación especializada. A innovación como alternativa O vicepresidente económico subliñou a necesidade de apostar polo talento, a tecnoloxía e a I+D+i para atopar alternativas ao modelo económico actual. Neste ámbito é onde porá o foco Galicia Avanza, que se localizará na Tecnópole. Precisamente o Parque Tecnolóxico de Galicia destaca pola súa oferta de servizos ao tecido empresarial pero tamén polas infraestruturas ás que vai dar cabida como o Centro de excelencia en ciberseguridad de Galicia ou a primeira comunidade enerxética nun polígono empresarial galego para que as compañías poidan acceder a un prezo enerxético máis competitivo.
Fuente: El Español