Ábrese o prazo para o concurso de venda de solo nos parques de Xestur

A empresa pública Xestur abriu hoxe o concuros de venda de 'Parcelas de solo empresarial dos parques promovidos por Xestión do Solo de Galicia- Xestur, S.A. na Comunidade Autónoma de Galicia'.

O prego de bases e documentación polos que se fixan os criterios de venda e demais documentación poderá ser examinado na páxina web www.xesturgalicia.com e nas oficinas de Xestión do Solo de Galicia- Xestur, S.A. en horario de 09:00 a 14:00 horas, sitas en:

  • Sede Central: As Fontiñas. Área Central. Local 25-Z-1º Andar. C.P.15707 Santiago de Compostela. Tlf: 981541949
  • Unidade Territorial Norte: Oficina A Coruña: Ronda de Nelle, 12 bis-1º. C.P.15005 A Coruña. Tf: 981151464 ------ Oficina de Lugo: Avda Ramón Ferreiro, 28, 1º. C.P.27002 Lugo. Tf: 982889260
  • Unidade Territorial Sur: Oficina Ourense: Rúa Valente do Casar, 2. C.P. 32003 Ourense. Tf: 988788683. ----- Oficina Pontevedra: Pza Maruja Mallo 1. C.P. 36206 Vigo. Tf: 986266477

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso, rematará o vindeiro 15 de marzo de 2019, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur, S.A. ata as 14.00 horas do derradeiro día de prazo. As solicitudes presentaranse en sobre pechado, indicando o nome do concurso e o nome do solicitante.

A apertura de proposicións realizarase o día 26 de marzo de 2019 ás 11:30 horas, nas oficinas da sede central de Xestur, S.A. 

Fonte.- Xestur

 

Fecha publicacion: 
2019-02-15 08:45:00
Subir