Abren o proceso de alegacións á cuarta fase do polígono Lalín 2000

En pleno verán acábase de dar un novo paso no dilatado proceso que culminará coa execución da cuarta fase do polígono industrial Lalín 2000. O pasado 29 de xuño a xunta de goberno local aprobaba de forma inicial a modificación puntual do plan de sectorización para ampliar este parque empresarial, proxecto que promove Xestur. Agora ábrese, desde hoxe e tras aparecer o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, un prazo de dous meses para que os interesados poidan consultar ese expediente e presentar posibles alegacións ou reclamacións.
Rexístrache gratis e recibe cada mañá no teu correo as principais noticias do día

O rexedor, José Crespo, apuntaba onte que de forma paralela a esa exposición pública desde o Concello tentarán axilizar a consecución dos permisos sectoriais e levar a pleno a aprobación definitiva. Confía en que este ano se invistan os 2,4 millóns orzados por Xestur para a expropiación dos terreos afectados por esta cuarta fase de Lalín 2000.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2022-07-21 09:45:00
Subir