O concello de valga reclama solo empresarial no municipio

O concello de Valga transmitiu á Xunta de Galicia a súa necesidade de contar cun parque empresarial no municipio, motivado pola constante demanda de solo empresarial existente polas empresas locais. Segundo o alcalde, Valga tan só conta coa superficie empresarial privada de empresas que acondicionaron establecementos para o seu crecemento futuro, pero urxe a necesidade de ordenar un área empresarial acondicionada para a atracción de investimento ao municipio.

Fonte: El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2019-10-31 09:15:00
Subir