A sociedade de promoción de solo de Asturias, en risco polas débedas

A empresa Sociedad Mixta de Gestión y Promoción del Suelo, S.A. (Sogepsa), pertencente na súa maioría de accións ao Principado de Asturias, rexistra a día de hoxe 150 millóns de euros en débedas. A contía das mesmas, das que principalmente o goberno autonómico é acredor, poñen en risco a sustentabilidade e existencia da sociedade. Porén, dende o Principado piden calma e apostan por a continuidade da empresa, aínda que non descartan reconvertela nalgúns puntos. O principal motivo da súa defensa é a necesidade de promoción de solo nas comarcas máis afastadas do centro económico da rexión, que é o composto por Oviedo e Xixón.

Fonte: El Comercio

Fecha publicacion: 
2019-10-24 11:00:00
Subir