
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciou a aprobación da Xunta ás demandas dos empresarios requirindo máis solo empresarial. O goberno autonómico comprométese á ampliación do parque de Bértoa. Para a ampliación dotaranse 100.000 euros, insuficientes para o proceso pero mínimo necesario para comezar as actuacións. Ademais, anunciou un investimento de 12 millóns de euros para a circunvalación que mellorará os accesos ao parque empresarial carballés.
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-10-19 16:30:00