A Xunta adxudica máis de 20.000 metros cadrados de solo empresarial nos parques de Ponte Caldelas, Carballo e Viveiro

- Desde o ano 2015, as rebaixas aplicadas sobre o prezo de venda de terreos en parques promovidos polo IGVS ou Xestur contribuíron a colocar no mercado máis de dous millóns de metros cadrados en réxime de compravenda ou en dereito de superficie

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 20.487,30 metros cadrados de solo empresarial nos parques empresariais de Ponte Caldelas, Carballo e Viveiro, con bonificacións por importe de preto de 257.057 euros. Así o acordou na súa última reunión o Consello de Administración de Xestur Galicia, empresa pública dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A meirande parte do solo adxudicado corresponde ao parque empresarial da Reigosa, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, onde se adxudicou unha parcela de 15.000 metros cadrados. En Carballo (A Coruña) e en Viveiro (Lugo) tamén se aprobou a adxudicación dunha parcela en cada caso, con superficies de 4.274 e 1.213 metros cadrados, respectivamente.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-10-21 16:30:00
Subir