A Xunta e a asociación de empresarios do parque empresarial de San Cibrao das Viñas acordan cooperación para favorecer a actividade empresarial

A delegada territorial da Xunta en Ourense mantivo unha xuntanza co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao, e outros membros da xunta directiva. Na mesma, acordaron sumar esforzos para atender ás demandas dos empresarios, entre as que destacan a necesidade de ampliación, dixitalización, transporte e formación. A delegada subliñou a aposta decidida do Goberno galego para mellorar e potenciar unha das zonas empresariais máis grandes de Galicia, así como resaltou as diferentes liñas de axudas destinadas ás iniciativas tecnolóxicas nas pemes.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-10-07 14:30:00
Subir