A Xunta autoriza a ampliación de Aluminios Cortizo na súa sede central entre Padrón e Rois

O Consello da Xunta de Galicia acordou a aprobación definitiva do proxecto sectorial do incidente supramunicipal de Aluminios Cortizo, o que permitirá a ampliación e mellora das súas instalacións da Sede Central, situada en solo empresarial entre os municipios de Padrón e Rois. Así, a empresa prevé aumentar a súa superficie dos 170.000 metros cadrados actuais a cerca de 303.000 metros cadrados, un 78 por cento máis de superficie. Para tal ampliación, a empresa investirá 56,9 millóns de euros, nunha ampliación que lles servirá para xerar 217 novos postos de traballo.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-10-04 08:15:00
Subir