Dozón adxudica as obras de mellora no seu parque empresarial

O Concello de Dozón, na provincia pontevedresa, fixo pública a adxudicación das obras de mellora do parque empresarial á empresa Constructora Obras Públicas del Deza. As obras consisten na habilitación e mellora das infraestruturas básicas, con actuacións como as melloras da pavimentación, da red de saneamento e do abastecemento de auga. As obras foron presupostadas por un importe de 144.974 euros e teñen un prazo dun mes. A actuación atópase dentro do programa Doing Business promovido pola Xunta de Galicia, que establece incentivos para as administracións que actúen na mellora dos seus parques empresariais.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-09-13 11:15:00
Subir