
China Road and Bridge Corporation (CRBC), unha compañía de capital chino, comezou a construción dun parque industrial en Belgrado, na República de Serbia. O parque está valorado en 300 millóns de euros e espera comezar a súa actividade no inicio de 2020. O proceso para o desenvolvemento do solo foi levado a cabo entre a empresa e o goberno serbio. O proxecto espera crear 10.000 postos de traballo de alta cualificación e, de forma indirecta, 15.000 postos de traballo. O investimento forma parte da política de expansión da economía asiática, que tamén comezou o desenvolvemento dun parque das mesmas contías en Etiopía.
Fonte.- SeeNews
Fecha publicacion:
2019-08-19 07:00:00