
Empresas como Frigoríficos Oya ou Hermanos Fernández Ibáñez, ampliaron as súas naves no polígono de Mos para atender á crecente demanda do sector pesqueiro de espazos frigoríficos. O sector do frío necesita máis metros cadrados de almacenamento e Mos está sendo un dos destinos preferenciais. A última compañía en aumentar a súa presenza no polígono do sur de Galicia foi Norfrío. A mesma investirá máis de 3 millóns de euros para duplicar a súa capacidade de almacenamento, ademáis de facelo elevando unha planta de ultraconxelado, todo un paso adiante no solo industrial do municipio.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-08-12 07:15:00