
A empresa VGP especializada no desenvolvemento de parques empresariais, levará a cabo o desenvolvemento dun parque en Múnich para o grupo BMW e Kraussmaffei, nun proxecto sen igual dende a reubicación do aeroporto en 1992. O proveedor europeo líder en loxística está desplegando o parque empresarial en Parsdorf, cerca de Múnich. A superficie conta con 40 hectáreas e 250.000 metros cadrados de espazo neto para as empresas de loxística e fabricación, neste caso o grupo de automóviles. A ubicación foi escollida con detalle, preto do aeroporto e a 30 minutos por estrada da cidade.
O parque ofrecerá solucións á medida dos contratantes, BMW e Kraussmaffei. Actualmente o parque conta con 1.800 traballadores, aínda que se espera unha amplia creación de emprego co proxecto que apunta a converterse en histórico.
Fonte.- VGP Parks