Os polígonos de San Cibrao das Viñas e O Pereiro apostan pola colaboración

Na presente semana tivo lugar unha reunión entre o alcalde de O Pereiro e a asociación de empresarios do polígono de San Cibrao das Viñas. Na mesma, propúxose a colaboración entre polígonos, de San Cibrao das Viñas e O Pereiro, para servizos coma os de emerxencias, formativos e de saneamento, aínda que tamén en cuestións máis estratéxicas coma a creación de novas zonas de solo industrial. Para o fortalecemento da relación entre ambos polígonos, estudouse a creación dun foro permanente no que estar en continua comunicación, toda a formulación supón un xerme que pode aflorar nunha gran alianza estratéxica.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-07-17 09:30:00
Subir