
Respondendo á demanda das empresas da zona, o Concello de Silleda adxudicou a obra para a construcción dun viveiro de empresas no parque industrial Área 33, a obra estará a cargo de Construcciones Taboada y Ramos, cuxa oferta adxudicada estima un presuposto de 328.139 euros para a realización completa da obra, rebaixando en máis de 20.000 euros o presuposto base do que partía o concurso. O financiamento correrá a cargo da Xunta de Galicia, coa concesión de 240.000 euros aprobada, e o concello de Silleda, de forma conxunta.
Fonte.- El Correo Gallego
Fecha publicacion:
2019-07-10 09:00:00